Reunión de vigairos, arciprestes e delegados

Este venres, 17 de xuño, tivo lugar, na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela desde as 10:00hs, o encontro de Vigairos Territoriais, Arciprestes e Delegados Diocesanos.

A reunión, que estivo presidida polo bispo auxiliar mons. Francisco Prieto, tivo unha dobre finalidade: por unha banda, avaliar que actividades das propostas no programa pastoral diocesano se levaron a cabo en cada delegación ou arciprestado, e cal foi o seu resultado; e, por outra banda, presentar o proxecto do novo plan pastoral diocesano (2022-2025).