Reunión do Consello de Presbiterio

A Casa de Exercicios de Santiago de Compostela acolleu hoxe venres unha nova reunión do Consello de Presbiterio, á que asistiron a case totalidade dos conselleiros, sacerdotes, representantes das institucións e dos arciprestados da Igrexa compostelá.
O encontro estivo presidido polo arcebispo mons. Julián Barrio, acompañado do bispo auxiliar e vigairo xeral mons. Francisco Prieto.
O Consello Presbiteral é unha das institucións que regula o ordenamento canónico con carácter obrigatorio (cc. 495-502 CIC), como órgano consultivo constituído por un grupo de sacerdotes que actúa como o senado do bispo, e cuxa misión é axudalo no goberno da diocese conforme ao dereito.