Reunión do Consello Pastoral Diocesano

  • Mons. Prieto afirmou que “sempre hai que ter moi claro cara a onde imos, por onde queremos ir, e con quen facemos ese camiño”.
  • José María Albalad, director do Secretariado de sostemento da Igrexa (da CEE). falou sobre “A Sustentabilidade da Igrexa”.

Hoxe sábado, 28 de xaneiro, mons. Francisco Prieto presidiu o Pleno do Consello Pastoral Diocesano na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela, ante a ausencia do arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, que estaba a participar en Madrid na Asemblea da Conferencia Episcopal Española, dentro da etapa continental do Sínodo sobre a sinodalidade.

Despois da oración inicial, o bispo auxiliar de Santiago de Compostela, dirixiuse a todos os asistentes destacando que todo plan pastoral debe poñer sempre como punto de partida e como meta, aquel envío que o Señor fai en cada momento á Igrexa, a todo o pobo de Deus e proclamar. E afirmou que todos os membros deste Consello pastoral, como expresión na súa diversidade de rostros de carismas, de tarefas de misión, teñen unha vocación e unha visión compartida que nace da común vocación bautismal.

Mons. Prieto tamén indicou que “a diversidade non é para marcar a diferenza que nos separa, senón a riqueza que nos une e que nos conforman. Só El pode suscitar a diversidade, a pluralidade, a multiplicidade e ao mesmo tempo realizar a unidade. En cambio, cando somos nós os que pretendemos a diversidade, encerrámonos nos nosos particularismos, nos nosos exclusivismos provocamos a división”.
O bispo auxiliar resaltou dúas propostas para camiñar nun mesmo sentir e nun mesmo amor, que son claves agora mesmo e que é necesario asumir como Igrexa diocesana: a sinodalidade e a corresponsabilidade. Neste sentido afirmou que “é o momento de ir pasando xa dunha sinodalidade pensada a unha sinodalidade militar (…). Nesta diversidade de rostros referentes comunitarios, parroquias, lugares da nosa igrexa hai que pasar de ser meros colaboradores a ser corresponsables no ser e o actuar da Igrexa”. E destacou “a necesidade de ser discípulos misioneiros 24×7, 24 horas ao día, 7 días á semana”.
Na revisión do Plan Pastoral, o bispo auxiliar indicou que “sempre hai que ter moi claro cara a onde imos, por onde queremos ir, e con quen facemos ese camiño”. E terminou a súa intervención reflexionando ao redor de tres palabras que empezan con “a”: alegres, agradecidos e acolledores.
Posteriormente, e antes do traballo por grupos, o vigairo episcopal de Santiago, José Antonio Seoane Ares, reflexionou sobre as directrices do Programa Pastoral Diocesano Trienal 2022/25 co lema “Poñédevos en camiño”, un camiño en tres etapas o primeiro ano centrado na comuñón, o segundo na celebración e o terceiro ano no testemuño.
Na súa intervención, Seoane analizou a situación diocesana actual e destacou as claves teolóxicas eclesiais e pastorais.
Xa na segunda parte da mañá, tivo lugar o relatorio marco sobre “A Sustentabilidade da Igrexa”, a cargo de José María Albalad, director do Secretariado de sostemento da Igrexa (da CEE).

 

 

O Consello Pastoral é un instrumento ao servizo da comuñón eclesial facilitando a coordinación dos diversos sectores e das accións que están ao servizo da tarefa evanxelizadora. Este Consello ten como finalidade xeral estudar, analizar, valorar, discernir, suxerir propostas e avaliar aquilo que se refire ás actividades pastorais da Diocese, así como propiciar o encontro, o diálogo e a conxunción entre as diversas institucións e organismos implicados na acción pastoral.