Sesión de traballo das Cáritas Federadas en Galicia

. Celebrouse nas novas dependencias dos Servizos Xerais da de Santiago

Os directores diocesanos das Cáritas Federadas en Galicia-Santiago de Compostela, Tui -Vigo, Ourense e Mondoñedo-Ferrol- reuníronse en dependencias dos Servizos Xerais de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, onde foron presididos polo coordinador a nivel rexional, José Anuncio Mouriño Rañó.

No transcurso da sesión de traballo estudáronse temas que confiren ás catro institucións, de forma xeral, e en particular todo o relativo que se deriva dos recursos que proceden do IRPF.

Recordemos que as Cáritas Federadas en Galicia ten personalidade xurídica propia, segundo se di nos Estatutos, tanto canónica como civil, pola súa erección pola Conferencia Episcopal Española e posterior inscrición no Rexistro de Entidades Relixiosas do Ministerio de Xustiza.

A entidade constituída é rexida polos bispos das dioceses apuntadas para cumprir “o ministerio da caridade que a eles lles corresponde, promovendo o exercicio da caridade e o sentido da xustiza entre os membros da Igrexa, expresa o amor preferencial de Deus polos máis pobres”. Recórdase tamén que esta misión lévase a cabo a través das Cáritas diocesanas en todos os seus niveis, órganos e membros. Os órganos de goberno de Cáritas Federadas en Galicia, baixo a autoridade colegial dos bispos das diócesis son os seguintes: Delegado, Consello e Director.