Solemnidade do Apóstolo Santiago - Indicacións

Domingo 25 de xullo de 2021 – Ano Santo Compostelán

O Sr. Arcebispo de Santiago, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio, preside a Solemnidade do Apóstolo Santiago durante a cal se realiza a Ofrenda Nacional, por parte do Rey Felipe VI. A celebración litúrxica terá lugar a partir das 12:30 h, na Catedral de Santiago de Compostela.

INDICACIÓNS

ACREDITACIÓNS: todos os profesionais estarán acreditados pola Delegación do Goberno.

REDACTORES: poden acceder ao centro de prensa habilitado no edificio do Arcebispado (Praza da Inmaculada, 1), a partir das 11:00 h. Alí haberá unha televisión desde a que se poderán seguir os actos co sinal de TVG.

RADIOS: no centro de prensa instalarase un distribuidor de son.

TELEVISIÓNS: como posuidora dos dereitos de retransmisión da cerimonia, a TVG formaliza e establece un sinal “ pool” para aquelas canles de televisión que a necesiten. As cadeas poderán presentarse na sala de prensa do Arcebispado. Todas as televisións teñen que achegar cables para a súa conexión. Os conectores que se precisan para a gravación son os seguintes: Vídeo, BNC; Audio, Canon. Ou un conector SDI. Para calquera outra solicitude respecto do sinal de televisión, poderán dirixirse ao departamento de informativos da TVG.

Ademais, ofrécese sinal vía satélite, cos seguintes datos:

CONFIRMATION

UMS3 praza do obradoiro ( santiago) – OFRENDA APÓSTOLO

Attn : BOOKING Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A

Service : UMS3 praza do obradoiro ( santiago) – OFRENDA APÓSTOLO

Reference : OVE_ PL21874458

Service start: 25-07-2021 09:45 GMT

Service end: 25-07-2021 12:20 GMT

Confirmation details:

12 MHZ

HISPASAT 30 W-6

XP 199 P4 UP14.323.000,00 H DOWN11.523.000,00 V

SR 9.600

FEC 3/4

Para os medios de comunicación que non teñan capacidade de baixada do sinal de satélite, estará dispoñible un sinal de streaming do acto á que se poderá acceder a través da seguinte ligazón:

http://amodino-crtvg.flumotion.com/playlist. m3ou8

** IMPORTANTE: Tanto o sinal satélite, como o de streaming, só se poderán utilizar para realizar resumos informativos posteriores ao acto. Salvo autorización expresa de CRTVG, non se poderán utilizar para a súa emisión en directo en ningún tipo de medio (televisión, web, portais dixitais, redes sociais, etc), coa condición das radios, que, debido ás restricións de mobilidade no lugar do acto por motivos de seguridade, si poderán utilizar o audio para as súas retrasmisións en directo.***

FOTOGRAFÍAS: serán distribuídas pola Axencia EFE e servizo de prensa do Arcebispado.