Mons. Julián Barrio invita os composteláns a participar nos actos do Corpus

O vindeiro domingo 19 de xuño, D. m., celebraremos con toda a Igrexa, a solemnidade do CORPUS CHRISTI.

A participación ás 19.30 h. na MISA PONTIFICAL da Solemnidade do Corpo e Sangue de Cristo, en nosa S.A. M.I. Catedral de Santiago de Compostela, e na tradicional PROCESIÓN eucarística polas rúas do Centro histórico, é unha ocasión propicia para testemuñar a nosa fe no Misterio Eucarístico.

Previamente, o sábado 18, a partir das 20.30 h., no Altar Maior da Catedral, terá lugar unha HORA SANTA, como preparación a esta Solemnidade. E o domingo 19, desde as 10.30 h. ata as 19.00 h. o Santísimo permanecerá exposto na Capela do Santísimo, para que poidamos manifestarlle a nosa adoración e agradecemento.

Quero convidalo a Vd. persoalmente a estes actos litúrxicos, á vez que lle rogo encarecidamente que dea a coñecer e convide os seus irmáns e coñecidos e a cuantos poida a unirse aos mesmos.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dos mil veintidós.

+ Julián Barrio Barrio
Arcebispo de Santiago de Compostela.