Solicitude de invitacións para asistir á toma de posesión de mons. Prieto como Arcebispo de Santiago

 

O ministerio pastoral de Mons. Francisco Prieto como Arcebispo Metropolitano da Arquidiocese de Santiago de Compostela dará comezo cunha Eucaristía Solemne na Catedral o vindeiro sábado 3 de xuño. Con tal motivo e, dado o aforo limitado do Templo, ponse ao dispor das persoas interesadas en asistir á celebración, un formulario de inscrición para xestionar e facilitar o acceso á Catedral.

 

https://www.pastoralsantiago.org/invitaciones/ 

Unha vez cuberto o formulario enviarase, á conta de correo indicada no mesmo, a invitación cun código QR, que se deberá presentar para acceder á Catedral pola Praza de Praterías antes das 10:15 hs.

O número máximo de peticións será de 300, tramitadas por rigorosa orde de solicitude.