Toma de posesión dos novos arciprestes e vicearciprestes da Arquidiocese de Santiago de Compostela

  • O Arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidiu o acto de profesión de fe e xuramento.

Unha vez que se procedeu á reorganización dos Arciprestados da Diocese de Santiago de Compostela, para unha mellor atención pastoral das parroquias, o arcebispo monseñor Francisco Prieto Fernández nomeou a 31 arciprestes e vicearciprestes.
Así, a sede do Arcebispado de Santiago acolleu no día de hoxe, martes 30 de xullo ás 11:00hs, a cerimonia na que tomaron posesión do oficio, despois de emitir a profesión de fe e o xuramento de fidelidade ante o Arcebispo, os novos arciprestes e vicearciprestes.
O arcebispo lembroulles, por unha banda, que é Deus  quen convoca, chama e convida, dando sentido á misión e misións que se lles encomenda; e por outra banda, que o Señor envía, non a cada un pola súa conta, senón en comunidade, para facer o camiño xuntos.
Monseñor Prieto indicou tamén que a razón de ser como Igrexa que peregrina en Santiago, é a evangelización, o anuncio do Evanxeo, con todo o que significa ser e facer boa noticia.

O Arciprestado é un ámbito privilexiado no que os sacerdotes que o integran poden fomentar e coordinar a actividade pastoral común e facer realidade a vivencia máis intensa da fraternidade sacramental. O arcipreste é un sacerdote, elixido polo bispo diocesano á fronte do Arciprestado para colaborar máis estreitamente co bispo e os organismos diocesanos, co fin de procurar que a vida das parroquias, que o integran, vaia #de acordo con a pastoral diocesana, de modo que a acción pastoral da diocese creza en comuñón, unidade e eficacia, así como de velar caritativamente para que os sacerdotes desempeñen o seu ministerio e especialmente na predicación da Mensaxe evanxélica en harmonía coa fe de la Iglesia, catequese actualizada, organizar e potenciar a pastoral social a través de Cáritas e outras institucións.
Dada a especial configuración dos novos arciprestados nomeáronse vicearciprestes co obxectivo de que axuden ao arcipreste no mellor desempeño pastoral do seu oficio canónico.Vigairía territorial de A Coruña

Arciprestado de A Coruña
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Severino Suárez Blanco
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. José Manuel Hermida Abad
Vicearcipreste segundo: Rvdo. Sr. D. Manuel Ángel Blanco Vázquez 

Arciprestado de Alvedro e Cerveiro
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. José Luis Ramos Souto
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Luis Juan Bao López 

Arciprestado de Eume
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Luis Benjamín Sevillano Gallego

Arciprestado de Bergantiños
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. José M. García Gondar
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Manuel García Souto

Arciprestazgo de Betanzos
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Santiago Pérez González
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Rubén Aramburu Molet

 

Vigairía territorial de Santiago

Arciprestado de Ferreiros e Sobrado
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. José Manuel Recarey Añón
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. José Manuel Iglesias Prado

Arciprestado de Postmarcos
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. José Ortoño Fuentes
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Juan Carlos Martínez Mariño

Arciprestado de Céltigos e Entíns
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Xosé Manuel Pensado Figueiras
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Diego Fernández Soliño

Arciprestado de Tabeirós
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. José Antonio Ortigueira Barros

Arciprestado de Ordes e Barbeiros
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Víctor Manuel Blanco Naveira
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Gumersindo Campaña Ferro

Arciprestado de Iria Flavia e Santiago
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. José María Pintos Recarey
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Roberto Martínez Díaz
Vicearcipreste segundo: Rvdo. Sr. D. Gonzalo Manuel Rodríguez César

Arciprestado de Soneira e Nemancos
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. José Daniel Turnes Rey
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. John Paul Britto Celestine 

 

Vigairía territorial de Pontevedra

Arciprestado do Salnés
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Santiago Fernández González
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. Manuel Antonio Couceiro Cachaldora
Vicearcipreste segundo: Rvdo. Sr. D. Juan Ventura Martínez Reboeiras

Arciprestado de Lérez
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Casimiro Fernández Núñez
Vicearcipreste primeiro: Rvdo. Sr. D. José López Moldes
Vicearcipreste segundo: Rvdo. Sr. D. Benito Vázquez Fernández

Arciprestado de Montes
Arcipreste: Rvdo. Sr. D. Saul Oswaldo Retamozo Morales