Tres novos Cóengos na Colexiata de Santa María do Campo de A Coruña

Con data do 23 de decembro,  o señor Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio nomeou tres novos Cóengos para o Cabido da Colexiata de Santa María do Campo da Coruña. O Ilmo. Sr. D. José Luís Veira Cores, párroco de San Nicolás de Bari e Vicario Episcopal territorial da Coruña, Cóengo Chantre;  o Moi Ilustre  Sr. D. José Manuel Hermida Abad, párroco de San Xosé de Montealto e arcipreste de Faro, Cóengo Tesoureiro; o Moi Ilustre Señor D. Eladio Varela Busto, párroco emérito dos Santos Anxos, Cóengo Penitenciario. En breve darase a coñecer  o día da toma de posesión.