Valoracións sobre o Encontro de Empresarios Católicos

Santiago de Compostela acollerá os próximos 31 de marzo e 1 de abril o Encontro de Empresarios Católicos. Ano Santo 21-22, a iniciativa do Arcebispado de Santiago co patrocinio da Xunta de Galicia e Abanca. Trátase dun espazo para reflexionar sobre a ética, o compromiso, o emprego, a responsabilidade social e a doutrina social da Iglesia, que reunirá a destacadas personalidades da Igrexa e tamén do mundo económico, empresarial e académico, tal e como sinalou o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio na presentación do encontro esta mañá no Seminario Maior este venres 11 de febreiro.