VIII edición do Curso de Actualización Teolóxico Pastoral do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas

Un ano máis, o Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas organiza o seu Curso anual de Actualización Teolóxico-Pastoral baixo o título

«A teoloxía e a pastoral ante algúns dos retos actuais da Igrexa».

Este curso, que chega á súa oitava edición, ten como fin abordar algúns temas de actualidade que constitúen auténticos retos para a reflexión teolóxica e para a pastoral da Igrexa, e que o son particularmente para o ensino relixioso nas escolas.

Todos eles responden a efemérides e a eventos actuais que afectan a toda a Igrexa, e están relacionados con algún dos últimos documentos pontificios.

O curso diríxese, dun modo especial, aos alumnos do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas, aos seminaristas e aos alumnos da Escola de Teoloxía para Segrares.

Está tamén aberto aos catequistas e demais axentes de pastoral e a todos os cristiáns e persoas interesadas en abordar estes temas de actualidade na Igrexa.

As sesións terán lugar os mércores 27 de outubro e 3, 10 e 17 de novembro,

de 19:00 h. a 20:00 h.

O evento poderase seguir:

. presencialmente: Salón de actos do Instituto Teolóxico Compostelán (Praza. Inmaculada n. 5  – Santiago de Compostelano),
. en liña no seguinte enlace: https://eventos.itcdesantiago.org/curso-atp-2021

A asistencia a este curso é gratuita, salvo para os que requiran diploma de asistencia ou unha certificación académica, nese caso o custo é de 50 euros, que se aboarán na Conserxería do ITC-ISCCR ao inscribirse.

Para ver ou descargar o tríptico do curso:

Para máis información e inscripcións, contactar:

Secretaría do ISCCR (de martes a xoves de 18:00 a 21:00 h)

Praza da Inmaculada, 5 – 15704 Santiago de Compostela (España)

Tlf.: 981 58 62 77

Mail: secretariocr@itcdesantiago.org

www.itcdesantiago.org/isccr