Vixilia da Inmaculada – JDJ 2022

Este ano ten por lema: “María levantouse e púxose en camiño” e celebrarase en Cee o día 6 de decembro, xa que este lugar está a celebrar un ano xubilar moi especial que culminará coa coroación canónica da Nosa Señora da Xunqueira.
Don Julián Barrio convoca neste día a mozos a partir de 14 anos cumpridos, acompañados dos seus párrocos, catequistas ou animadores para ter un encontro con eles.
O horario do día será o seguinte:
11h Acollida (Pavillón de Cee)
Obradoiros (en distintos puntos da cidade)
“*Érguete África” – Asociación Egueire
“Feito con corazón” – Cáritas parroquiais da Costa da Morte
“Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade” – Delegación de Vocacións
“Di si ao soño de Deus” – PP. Guanelianos
“Atopámonos no Camiño” – Steffen A. Pfeiffer e Diego González
“Familia: Alternativa para namorados” – Nacho e Teresa
“Falemos de sexo” – Cris Cons
13h Comida (Pavillón de Cee)
Xogos (Pavillón de Cee)
15h Concerto-Magazine (Auditorio)
17h Merenda 18h
Festa do perdón
Procesión
20.00h Eucaristía na igrexa parroquial presidida por don Julián.
Podes ir pensando en que obradoiro che gustaría participar. Non escollas o mesmo que todos os teus amigos! Mellor repartirvos polos distintos obradoiros, para poder despois compartir as distintas experiencias cos mozos da túa parroquia ou da túa zona. O mesmo día 6, ao chegar, o teu responsable poderá apuntarche no obradoiro no que estás interesado.
Se queres participar coa túa parroquia, grupo ou movemento, pídelle ao responsable que vos inscriba aquí: formulario.

Fonte: depasxuventude.com