Xornada de Traballo Pastoral

Transcríbese a circular emitida pola Delegación Diocesana de Apostolado Seglar da Arquidiocese de Santiago de Compostela, que contén información de gran interese:
DELEGACIÓN DE APOSTOLADO SEGLAR
Abril 2023
D. Julián Barrio Barrio indícanos que fagamos difusión da XORNADA DE TRABALLO PASTORAL que terá lugar na Casa de Exercicios Espirituais de Santiago, o vindeiro luns 1 de maio. Trátase dunha convocatoria para aquelas persoas que coñezan e participen activamente na pastoral ordinaria da súa parroquia, grupo, movemento, comunidade ou congregación.
O motivo desta Xornada de Traballo Pastoral é que a Comisión para os Laicos, Familia e Vida da Conferencia Episcopal propuxo un plan de traballo no documento “Novos froitos para un Pobo de Deus en camiño”. Dito plan busca que fagamos unha aposta convencida pola comuñón, á luz das conclusións do Congreso Nacional de Laicos de 2020 e do Sínodo sobre a Sinodalidad.
Para iso propónllenos neste curso levar a cabo un DISCERNIMIENTO EN RELACIÓN CO PRIMEIRO ANUNCIO, para ter unha panorámica de cada diocese na que se valoren os aspectos positivos (actitudes, procesos e proxectos en marcha) así como detectar eventuais carencias e lagoas.
As dioceses enviarán á Conferencia Episcopal unha síntese das súas achegas que nos servirán de preparación para o ENCONTRO NACIONAL EN RELACIÓN CO PRIMEIRO ANUNCIO que se celebrará o 17 e 18 de febreiro de 2024.
CASA DE EXERCICIOS ESPIRITUAIS (Santiago)    1 de maio de 2023
10:30 Acollida e oración
11:00 RELATORIO MARCO sobre o Primeiro Anuncio: MIGUEL VARELA
12:00 Descanso
12:30 TRABALLO EN GRUPOS: ALFREDO LOSADA
14:00 xantar na Casa (15 €) Reserva por whatsapp 680.42.96.26.
16:00 TERTULIA/ encontro/ testemuños/ experiencias: JAVI GARCÍA
17:00 Presentación das conclusións definitivas
18:00 EUCARISTÍA: Mons. FRANCISCO JOSÉ PRIETO FERNÁNDEZ

 

Atentamente, Alfredo Losada, Francisco Durán e Javier Porro
Membros do equipo da Delegación de Apostolado Segrar
Arquidiocese de Santiago de Compostela