Xornadas para vigairos e delegados para o Clero

As Xornadas para vigairos/delegados para o Clero teñen lugar do 27 ao 29 de maio en Madrid organizadas pola Delegación do Clero e Seminarios da Conferencia Episcopal.
Os bispos, dado que este ano está dedicado á oración, viron necesario tratar ese mesmo tema “na nosa vida de presbíteros”.
Como prolongación deste clima orante, este ano, como novidade no noso Encontro, introducíronse tempos para a “Conversación no Espírito”. É un modo de compartir os relatorios a partir da reflexión persoal e “facerse eco dos ecos” que xorden nos demais.
Un encontro gozoso no que, preto de 50 membros das delegacións para o Clero de toda España, entre as que se atopan a da Diocese de Santiago de Compostela, compartiron e reflexionaron sobre a dimensión orante do presbítero.