Jornadas de economía, sostenimiento y transparencia

Representantes do ámbito da Economía e da Comunicación das cinco dioceses galegas participan nas Xornadas de economía, sostemento e transparencia que se celebran en Madrid e que culminan mañá, mércores 29 de maio, tras tres xornadas de relatorios e obradoiros ao redor da corresponsabilidade, xestión do patrimonio, eficacia comunicativa ou ferramentas concretas como o portal www.donoamiiglesia.es, coa oportunidade de compartir e aprender de iniciativas exitosas que se están levando a cabo en distintas dioceses españolas.
Precisamente representantes da Arquidiocese de Santiago de Compostela e da Diocese de Ourense intervirán esta tarde no obradoiro destinado a compartir experiencias e ideas para a elaboración dunha memoria en diocese e parroquias, baseándose na recente experiencia da presentación da memoria de actividades da Igrexa en Galicia, celebrada o pasado 2 de maio, e que supuxo unha oportunidade para facer visible na nosa sociedade o labor da Igrexa e os rostros e realidades que a fan posible.