Monseñor Barrio preside un solemne funeral en el 50 aniversario de la muerte del Cardenal Quiroga Palacios

  • O arcebispo recorda con “afecto e gratitude”, a quien definiu como “unha personalidade significativa” da Igrexa

O arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, presidiu este martes na Catedral de Santiago, no 50 aniversario da muerte do cardeal Fernando Quiroga Palacios, un solemne funeral polo seu eterno descanso. Monseñor Barrio dixo na súa homilía que a celebración eucarística era o mellor modo de “lembrar con gratitude” a figura do cardeal Quiroga e todo canto fixera pola Arquidiocese durante o seu mandato. O cardeal está enterrado na basílica compostelá, preto do Pórtico da Gloria e a súa lápida estaba hoxe cuberta de flores.

Na compaña do seu bispo auxiliar, monseñor Francisco J. Prieto, o arcebispo compostelán lembrou na homilía do solemne funeral pola alma do cardeal Quiroga que os tempos litúrxicos son ocasións propicias para achegarnos á figura do Salvador, especialmente o Advento cando se nos convida a preparar o camiño para a súa chegada. Monseñor Barrio comentou que Xesús “veu, virá e segue vindo agora” a través dos sacramentos e da Palabra que se proclama na Igrexa.

“Nada nos separa do seu amor”, indicou, nin sequera a morte, “por iso lembramos ao cardeal Quiroga”, xa que “os mortos son nosos” e Deus é un “Deus de vivos”. Monseñor Barrio evocou a figura do cardeal, “unha personalidade significativa” na Igrexa compostelá, na Igrexa galega e na Igrexa española, “ao que todos lembramos con afecto e con gratitude”.

O arcebispo explicou que o cardeal Quiroga  era “sinxelo, humilde, con finura espiritual” e destacou a súa caridade pastoral e a súa proximidade no seu servizo episcopal. “Amou a Igrexa”, explicou, “e mantivo unha actitude equilibrada, foi crible e eficaz no seu ministerio”.