Presentación do programa de Semana Santa de Santiago de Compostela

  • A Semana Santa de Santiago de Compostela foi declarada Festa de Interes Turístico de Galicia no 2018.

O Arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e a presidenta da Xunta da Confrarías, María Elena Bernárdez, presentaron no Pazo de Raxoi o dossier que recolle o programa de celebracións da Semana Santa.

Serán 16 as procesións que percorrerán o casco histórico compostelán dende o Venres de Dores ata o Domingo de Resurección. Todas elas, organizadas polas 11 confrarías que hai na cidade.