Esta Comisión ten como principais finalidades a de crear espazo de encontro, diálogo e acción na Curia e outras entidades eclesiais; a de manter unha relación fluída cos próximos da corresponsabilidade e adaptalo á situación das Dioceses; a de deseñar unha planificación anual de actividades de corresponsabilidade; a de fomentar a corresponsabilidade como forma de vida; a de facilitar que os fieis poidan colaborar e compartir os dons de tempo talento e diñeiro; a de desenvolver un plan que permita manter actualizados o compromiso e a implicación do clero; a de apoiar as parroquias e outras entidades eclesiais na celebración de campañas; a de potenciar as TIC nas doazóns e comunicación; e a de elaborar propostas sobre o sostemento da actividade pastoral da Igrexa.
A esta reunión asistiron, ademais do arcebispo de Santiago, mons. Leonardo Lemos, bispo de Ourense; mons. Alfonso Carrasco, bispo de Lugo; mons. Francisco Prieto, bispo auxiliar de Santiago de Compostela; o ecónomo diocesano Fernando Barros; a representante do consello de asuntos económicos Beatriz Ferreiro, o sacerdote Daniel Turnes; Guadalupe Murillo, así como representantes das outras Dioceses galegas.