Visita navideña de mons. Julián á prisión de Teixeiro

Este mércores, 22 de decembro, o arcebispo de Santiago de Compostela monseñor Julián Barrio, realizou a súa costumada visita pastoral de Nadal ao Centro Penitenciario de Teixeiro.

Este año o seu encontro cos internos foi un pouco máis reducido para adaptarse á situación sanitaria. Tivo ocasión de celebrar a Eucaristía para un módulo e visitou outro onde se está reunindo un grupo sinodal, aos que invitou a vivir a esperanza que traen estas datas da natividade do Señor.

A presenza de D. Julián é sempre esperada e recibida con agarimo e agradecmento no Centro de Teixeiro, respondendo tamén á súa sensibilidade e proximidade para con toda a comunidade penitenciaria, presos e funcionarios, e un importante aliciente para o traballo dos voluntarios da Pastoral.