Sábado 16 de marzo, ás 10 horas, en Santiago de Compostela
AS CONSECUENCIAS DA ESTANCIA EN PRISIÓN PROTAGONIZAN A XORNADA INTERDIOCESANA DA PASTORAL PENITENCIARIA EN GALICIA
“A estancia en prisión e as súas consecuencias. Prisionización e saúde mental” é o lema da Xornada Interdiocesana de Pastoral Penitenciaria que, na súa décima edición, organiza as delegacións diocesanas de Pastoral Penitenciaria de Galicia.
O encontro anual comeza nesta ocasión o sábado 16 de marzo, ás 10.00 horas, na casa de exercicios espirituaIs “Via Lucis” de Santiago de Compostela. A xuntanza reuniu en anos anteriores a unhas 60 persoas, entre voluntarios, internos e funcionarios de diferentes centros penitenciarios galegos, para reflexionar sobre aspectos relacionados coa súa tarefa dentro das prisións.
Durante a mañá, a xornada contará coa participación de José Luis Segovia Bernabé, sacerdote, avogado e criminólogo, quen falará sobre “O proceso de prisionización”, entendido como a asimilación, por parte dos internos, de hábitos, usos e costumes propios da subcultura carcelaria.
Pola tarde está previsto un panel de experiencias titulado “Abordaxe da doenza mental no sistema penitenciario” no que participarán Marina Fuentes Barco, psiquiatra do C.P. Á Lama, e máis o equipo do módulo 9 do C.P. de Teixeiro, módulo PAIEM
Como complemento ás xornadas formativas, ás 16.00 horas presentarase o podcast “Palabra de preso” de Radio Manoplas, que recolle diversos testemuños de persoas privadas de liberdade.
A Xornada Interdiocesana da Pastoral Penitenciaria de Galicia contará tamén coa presenza de Mons. Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo- Ferrol, responsable da Pastoral Penitenciaria na Conferencia Episcopal Española.
Para asistir é necesario inscribirse nunha destas dúas modalidades: a de participación, cunha cota de 5 euros; ou participación + comida, cun custo de 20 euros. As inscricións pódense realizar no correo electrónico galiciapastoralpenitenciaria@gmail.com ou no teléfono (633 36 44 24)
Máis información sobre os relatores:
José L. Bernabé Segovia
Sacerdote, avogado e criminólogo, actualmente é vicario episcopal para o Desenvolvemento Humano Integral e a Innovación na Arquidiocese de Madrid. Ademais, é autor de numerosas publicacións no ámbito do dereito penal, do sistema penitenciario e da pastoral de colectivos vulnerables.
PAIEM — Programa de Atención Integral á Enfermidade Mental
O programa PAIEM, que se desenvolve nalgunhas prisións españolas, ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de saúde mental da poboación dos centros penitenciarios, mediante o desenvolvemento de actividades terapéuticas e ocupacionais. Nesta ocasión contaremos coa educadora do módulo 9 do CP de Teixeiro onde se desenvolve o programa
Marina Fuentes Barco
Marina Fuentes é directora da Unidade de Atención a Drogodependencias do O Porriño e psiquiatra do centro penitenciario da Lama.