Mons. Prieto aos confirmandos de Carballo: “A fe que profesamos é a fe que temos que vivir”

  • A celebración tivo lugar na parroquia San Xoán Bautista de Carballo.

Hoxe sábado, 4 de maio, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, administrou os sacramentos de iniciación cristiá –bautismo, comuñón e confirmación- a dous catecúmenos. Desde este día Diego Jonatan e Pablo Martín foron acollidos como novos membros de la Igrexa e entraron a formar parte da comunidade parroquial.

A celebración, que tivo lugar na parroquia parroquia San Xoán Bautista de Carballo onde tamén recibiron o Sacramento da Confirmación 52 mozos, estivo presidida por mons. Francisco Prieto, acompañado polo párroco José García Gondar, e por Plácido Romero, Eduardo Puga e José Antonio Conde.

Na homilía, o arcebispo díxolle aos mozos que se iniciaron como cristiáns e aos confirmandos que Deus convoca e invita: “o Señor vos chama e nos chama a cada un de nós polo noso nome (…), e invítamos a vivir con El unha relación de amizade, de cercanía, de confianza e, por suposto sempre con liberdade”. E engadiu: “O Señor nunca obriga, nunca impón, o Señor invita propón, acompaña, faise compañeiro de camiño”.

Neste sentido, mons. Francisco Prieto animou aos mozos a comprometerse e a ser testemuñas do amor de Deus: “a fe que profesamos e a fe que temos que vivir”.

Nun ambiente festivo, os confirmandos estiveron acompañados polos seus catequistas e familiares.