V Encontro de Colexios Diocesanos

Encabezada pola delegada para a Educación, Begoña Díaz, unha representación do Arquidiocese de Santiago de Compostela participa no V Encontro de Colexios Diocesanos organizado pola Conferencia Episcopal que se celebra en Lugo entre o 6 e o 8 de maio.

A temática deste encontro é a xestión económica, xurídica e fiscal a cargo de Fernando Giménez Barriocanal, vicesecretario para Asuntos económicos da CEE, e a transformación educativa, desafíos pedagóxicos, a cargo de Carmen Pellicer, Presidenta da Fundación Trilema.