A parroquia de San Xosé de Pontevedra celebra o seu patrón e o corenta aniversario do seu templo

  • A parroquia de San José de Campolongo de Pontevedra celebrou hoxe domingo o día do seu patrón e o 40 aniversario do seu templo.
    O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto Fernández, celebrou hoxe domingo, ás 12.30 horas, unha Misa solemne, acompañado polo párroco Casimiro Fernández e o vigairo de Pastoral Javier Porro, na igrexa parroquial de San Xosé de Campolongo con motivo do fin das obras realizadas no templo e para conmemorar o 40 aniversario da primeira festividade que se celebrou na igrexa inaugurada o 23 de outubro de 1983.
    Ao finalizar a celebración tivo lugar unha procesión, coa imaxe de San Xosé, polas rúas próximas ao templo. E posteriormente unha xornada de convivencia entre os fregueses.
    O aniversario coincide coa finalización das obras de reforma levadas a cabo na igrexa para acabar cos problemas de humidade existentes, substituír o tellado, acondicionar un columbario e repintar o templo.