Mons. Julián Barrio preside na Catedral o Xubileo dos Avós

Maiores chegados de residencias de distintos lugares participaron este martes en Santiago de Compostela na celebración do Día do Avó, convocada desde hai 24 anos polo Padre Angel e Mensaxeiros da Paz e que, nesta ocasión, tivo lugar en Galicia.

Pola tarde, os asistentes realizaron a última etapa, desde o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro. Celebrouse unha Misa na catedral compostelá presidida por mons. Julián Barrio.