O arcebispo de Santiago clausura as charlas coresmais en Vigo

Hoxe sábado 9 de marzo, de 10:30 a 12:30 horas, no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco  Prieto, clausurou as charlas coresmais organizadas pola Acción Católica Xeral (ACG) de Tui-Vigo.

Esta proposta desenvólvese na diocese desde hai máis de 20 anos e está aberta a todos; neste sentido, a ACG de Tui-Vigo fai un chamamento a parroquias, movementos, asociacións e fieis en xeral a participar nas charlas, que son unha boa oportunidade para afondar no significado da Coresma, tempo especial de penitencia e conversión que  prepara para a Pascua.