Encontro Diocesano de Nenos e familias 2024

As Delegacións de Pastoral de Infancia e Mocidade, Familia e Catequese organizan o mércors 1 de maio o X Encontro diocesano de nenos e familias en Santiago de Compostela, convocado polo noso arcebispo Mons. Francisco José Prieto. Trátase de unha xornada festiva, que, baixo o lema: “Señor, ensínanos a orar”, terá o seguinte horario:

11h – Acollida no Seminario Menor de Santiago.

11.45h – Obradoiros

14h – Xantar

15h – Xogos

17h – Eucaristía na catedral presidida polo Arcebispo.

Quen pode participar?

Nenos de 3º a 6º de Primaria, acompañados dos seus catequistas, párrocos, profesores ou pais.

Imos repartirnos en grupos para os obradoiros?

Si, poderedes dividir os vosos nenos en función dos catequistas que os acompañedes, xa que ningún neno pode acudir sen un responsable que o acompañe.

Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nas actividades?

Os pais tamén terán actividade pola mañá, preparada pola Delegación de pastoral familiar.

Temos que levar comida?

Si, a comida é de trouxen… (eu trouxen empanada, eu trouxen tortilla, eu trouxen bacallau…). Cada un traerá o seu.

Que facemos cos autobuses?

Unhha vez que pola mañá chegan ao Seminario Menor e descargan a xente, marchan ata as 18h, que termina a Eucaristía, e poden recoller cerca da catedral (nas dársenas de Xoán XIII). No Seminario Menor non hai sitio para albergar tantos.

Hai que pagar algo?

Como cada ano pedímosvos unha achega voluntaria de 1€ por participante para poder afrontar todos os gastos do encontro que recolleremos na mesa de inscripción.

Como me inscribo?

Cubrindo este formulario.

Encuentro Diocesano de Niños y familias 2024 – ¡Ya te puedes inscribir!