Confirmacions e homenaxe a D. Julián en Arteixo

Este sábado 20 de maio foi un día especial para a Parroquia de Arteixo, xa que recibía a última visita de D. Julián como Administrador Apostólico.

Ás 19:00hs fe recibido polo alcalde, Carlos Calvelo, acompañado por algúns edís na Alcaldía, onde mons. Barrio asinou no Libro de Honra do Concello.

Xa ás 20:00 hs. na Igrexa Parroquial de Santiago, mons. Julián Barrio presidía unha celebración na que confirmou a 19 mozos/as. E que foi concelebrada polo párroco Andrés Trinquete e por varios sacerdotes.

D. Julián pediu á mocidade que fosen fieis a si mesmos, xa que a Parroquia, a Diocese e a Igrexa necesita a persoas comprometidas e con esa fidelidade. Tamén os animou a non ter medo a expresar no que se cre e que dá sentido á vida. Neste senso, mons. Barrio convidou os mozos a saír ao encontro de todas aquelas persoas que o necesiten: