Homenaxe a D. Manuel Castroagudín, párroco en Tremoedo e Caleiro

Hoxe foi un día moi especial e emotivo para as parroquias de Tremoedo e Caleiro (Vilanova), xa que os fregueses despedíronse de D. Manuel Castroagudín Torres, o seu párroco desde 1976.

Ás 13:30hs celebrábase unha Misa de acción de grazas por tantos anos de labor pastoral presidido polo arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, acompañado de numerosos sacerdotes. Ao terminar, a comitiva desprazouse ao pavillón de Tremoedo para participar nun xantar.

D. Manuel, ordenado en 1962 e con 85 anos de idade, di estar moi satisfeito co traballo realizado nestas dúas parroquias, onde logrou crear unhas comunidades moi unidas e que seguirá colaborando sempre que a saúde llo permita: “Dou grazas a Deus pola vida, polos meus pais, pola miña avoa e por tantas persoas que me axudaron.