Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

Na mañá deste domingo celebrouse na Catedral de Lugo a tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento dentro da Solemne Misa Pontifical da Oitava de Corpus.

Nesta ocasión presidiu a Eucaristía o bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet, que recibiu a ofrenda do alcalde da cidade das burgas, Gonzalo Pérez Jácome. Participaron tamén o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto; o bispo de Lugo, mons. Alfonso Carrasco; o bispo de Vigo, mons. Luís Quinteiro; e o arcebispo emérito de Santiago, mons. Julián Barrio.