O arcebispo de Santiago, mons. Prieto Fernández, bendí o novo albergue "San Xavier" de Pontevedra

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto Fernández, presidiu os actos da inauguración do novo albergue “San Xavier” de Pontevedra de Cáritas para persoas sen fogar, que tivo lugar hoxe  sábado, 10 de xuño, ás 11.30 horas nas instalacións da rúa Joaquín Costa.

Tamén estiveron presentes Anuncio Mouriño, director de Cáritas diocesana de Compostela, Arturo Parrado, director xeral de inclusión, así como o párroco de Santa María a Maior de Pontevedra e consiliario de Cáritas Interparroquial, Javier Porro, a directora de Cáritas Interparroquial de Pontevedra, Conchita Vázquez, voluntarios de Cáritas etc.

As novas instalacións dispoñen de recepción, espazo de espera, acceso cuberto, almacéns, dous despachos, obradoiros, baños accesibles e áreas de ducha e lavado de roupa para quen non desexe pernoitar, así como un roupeiro, 20 habitacións mixtas e 7 destinadas a mulleres, o cal supón unha novidade nesta comarca, pois ningunha entidade ata o momento ofrecera este servizo. Ademais, neste lugar existe un espazo exterior de 500 metros cadrados, o que vai permitir a  Cáritas ofrecer actividades ao aire libre

O obxectivo desta nova iniciativa é a de promover a inclusión das persoas sen fogar e a súa participación na sociedade.

O albergue “San Javier” de Pontevedra unha referencia de axuda a persoas en situación de risco e exclusión