O director xeral da Fundación Pablo VI, Jesús Avezuela, nas Conferencias de Primavera do ITC

  • “Os principios sobre os que se sustenta a UE son aspiracionais en mioitas partes do planeta”

“Os principios sobre os que se sustenta a UE son aspiracionales en moitas partes do planeta” Europa é algo máis que un sinxelo concepto xeográfico ou unha entidade burócrata e xestora de materias, senón toda unha realidade cultural, de identidade e de valores intrinsecamente vinculados á cristiandade. Pensala desde esta dimensión axúdanos a pensar no seu presente e en como afrontar os retos de futuro.

Sobre esta idea pivotou a conferencia que o director xeral da Fundación Pablo VI, Jesús Avezuela, pronunciou no Instituto Teolóxico Compostelán, no marco da Cátedra de Estudos Europeos Camiño de Santiago que promoven a Fundación e o Arcebispado de Santiago de Compostela. Un relatorio no que abordou a resposta de Europa a cuestións que interpelan permanentemente o dereito europeo, os valores humanistas e os principios de solidariedade sobre os que se sustenta: a revolución tecnolóxica, a transformación do traballo, o reto migratorio, o nacionalismo e os intentos de ruptura dos estados, a propia ampliación da Unión Europa, o cambio climático, ou o aborto, entre outras moitas cuestións…

“Para entender a verdadeira dimensión de Europa e a súa irradiación no mundo, hai que entender en primeiro lugar a súa historia e as súas raíces”, comezou Jesús Avezuela. Unhas raíces “que configuraron un modo de comprender a vida, a solidariedade, a política, o estado, as relacións internacionais” e que teñen tamén moito que ver co Camiño de Santiago que forxou os primeiros roteiros políticos, comerciais e culturais no continente e que é, sobre todo, un camiño de unión da cristiandade. “O cristianismo impregnou a cultura europea duns grandes valores e principios que irradian na nosa forma de configurar o Estado”, cun sistema de dereitos e liberdades nos que a “persoa está por encima e no centro de todo”, explicou. E estes “valores cristiáns secularizados pola Ilustración” -a dignidade humana, a liberdade, a democracia, o Estado de dereito, o respecto aos dereitos humanos, a tolerancia, a xustiza e a solidariedade- son os que sosteñen a Unión Europea e se recollen na súa Constitución.

Pode seguir sendo Europa unha patria común ante un futuro incerto? Tras facer un repaso pola historia do século XX e o papel das figuras que impulsaron este proxecto europeo, desde os primeiros que falaron de crear un vínculo federal en Europa, como Arístide Briand e Gustav Stresemann, ata os pais fundadores, Robert Schuman, Konrad Adenauer, Jean Monnet ou Alcide de Gasperi, o director xeral da Fundación Pablo VI tratou de responder á pregunta de “se pode seguir sendo Europa unha patria común ante un futuro incerto”.

Pode seguir sendo Europa unha patria común ante un futuro incerto?

Tras facer un repaso pola historia do século XX e o papel das figuras que impulsaron este proxecto europeo, desde os primeiros que falaron de crear un vínculo federal en Europa, como Arístide Briand e Gustav Stresemann, ata os pais fundadores, Robert Schuman, Konrad Adenauer, Jean Monnet ou Alcide de Gasperi, o director xeral da Fundación Pablo VI tratou de responder á pregunta de “se pode seguir sendo Europa unha patria común ante un futuro incerto”.

No ámbito tecnolóxico, por exemplo, a pesar do impacto da revolución dixital no emprego -algúns estudos estiman en 300 millóns os postos de traballo potencialmente afectados a nivel mundial fronte a 200 millóns de postos de traballo reais actuais en Europa- “a regulación europea segue sendo referencia a nivel mundial, e os principios sobre os que se sustenta esta regulación son aspiracionales en moitas partes do planeta”, do mesmo xeito que ocorre coa regulación en materia sanitaria, científica ou de seguros.