O persoal da Oficina de Acollida ao Peregrino realiza o seu Xubileo na Catedral

Os traballadores da Oficina de Acollida ao Peregrino en Santiago de Compostela realizaron o seu particular Xubileo neste ano Santo 2021, realizando unha invocación ao Apóstolo Santiago, durante a Misa do Peregrino, que presidiu o Arcebispo, Monseñor Julián Barrio. Durante a súa invocación solicitaron axuda nas súas tarefa diaria, á vez que pediron que o seu «traballo cos peregrinos sexa ocasión de consolo e acollida e oportunidade para atopar no rostro de cada un deles o rostro de Cristo”. Na celebración tamén participou o delegado de peregrinaciones do cabildo catedralicio, Segundo Pérez.