ACC celebrará o seu congreso anual os días 23, 24 e 25 de setembro en Santiago

Ano Santo Compostelano, renacer á esperanza

En pleno Ano Santo Compostelán, a fundación Acollida Cristiá nos Camiños de Santiago convoca o seu congreso anual. Baixo a idea da peregrinación xacobea como un itinerario de esperanza dentro da difícil situación que atravesamos, este encontro desexa continuar a serie de congresos que abordan a pastoral e evanxelización no Camiño de Santiago. A cita será os días 23, 24 e 25 de setembro.

Presencial e telemático

O congreso terá lugar en Santiago de Compostela, no Centro Internacional de Acollida ao peregrino. Alí, con todas as restricións de aforo e medidas de hixiene necesarias, expoñeranse os relatorios e mesas redondas previstas, aínda que algúns dos participantes intervirán a través de videoconferencia que se seguirá na mesma sala. As prazas para poder seguir o congreso presencialmente son, lóxicamente, limitadas.

Do mesmo xeito que en 2020, existirá nesta edición tamén a posibilidade de inscribirse pola modalidade telemática. Os que opten por esta, poderán seguir por videoconferencia os relatorios en directo, pero tamén acceder posteriormente ás gravacións audiovisuais de todo o contido do congreso. Así mesmo, habilitarase unha canle de comunicación en tempo real para que os asistentes pola vía telemática poidan enviar preguntas que se formularán ao finalizar cada intervención.

A pegada do Camiño nos peregrinos

A pesar do efecto da pandemia no Camiño, a Igrexa seguirá adoptando unha actitude de acollida acorde coa situación vixente. ACC, logo de ter enfocado o seu congreso nas últimas edicións á preparación do Ano Santo, desexa centrarse nesta ocasión na esperanza que facer o camiño supón nestes tempos de pandemia. O programa aborda esta idea desde diversos puntos.

O congreso contará coa participación de o Mons. Bernardito Auza, Nuncio Apostólico, quen falará sobre os retos pastorais da Igrexa en España. Tamén destaca o relatorio do peregrino e escritor José Fernández Danvila sobre a peregrinación e a pandemia así como a mesa redonda sobre o Camiño de Santiago como espazo para o diálogo ecuménico.

De especial relevancia será tamén o panel coordinado polo P. Sergio García sj no que varios voluntarios narrarán como o labor de acollida é para eles unha ocasión para afondar na súa fe.

Inscrición

A inscripción para ambas modalidades poderase facer mediante o formulario dixital que se atopará na web de ACC. O prazo para a inscripción ábrese o 1 de setembro e finaliza o 5 de setembro para a modalidade presencial e o 20 de setembro para a telemática. A fin de que presencialmente estean representadas un abano o máis rico posible de entidades e procedencias a confirmación da inscripción presencial será comunicada pola organización o 6 de setembro. Dada a restrinxida capacidade de aforo na sala, de entre as solicitudes farase unha selección na que se terá en conta a que asociación, congregación ou grupo pertenza o solicitante.

O prezo da matrícula é de 10 euros para a modalidade telemática e de 25 para a presencial.

Programa

Inscrición