Encontro Diocesano de Nenos 2022

Este ano recuperaremos o noso tradicional Encontro Diocesano de Nenos o 7 de maio en Santiago de Compostela. O noso Arcebispo convoca aos nenos da diocese para gañar xuntos o Xubileu nunha xornada festiva, baixo o lema: “Ven a Santiago, o apóstolo espérate!” e co seguinte horario:
11 h – Acollida no Seminario Menor de Santiago.
11.30 h – Obradoiros
14.h – Xantar
15 h – Xogos
17 h – Eucaristía na catedral presidida por D. Julián.
Quen pode participar? Nenos de 3º a 6º de Primaria, acompañados dos seus catequistas, párrocos, profesores ou pais.
Como me inscribo?
Enchendo este formulario.
Imos repartirnos en grupos para os obradoiros?  
 Si, repartirémonos en 4 obradoiros pola mañá.
Poderedes dividir aos vosos nenos en función dos catequistas que os acompañedes, xa que ningún neno pode acudir sen un responsable que lle acompañe.
Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nas actividades?
Os pais tamén terán actividade á mañá, preparada pola delegación de pastoral familiar.
Temos que levar comida?
Si, a comida é de trouxen… (eu trouxen empanada, eu trouxen tortilla, eu trouxen bacallau…). Cada un traerá o seu.
Que facemos cos autobuses?
Unha vez que á mañá chegan ao Seminario Menor e descargan á xente, márchanse ata as 18 h, que termina a Eucaristía, e pódenvos recoller preto da catedral (nas dársenas de Xoán XIII).
No Seminario Menor non hai sitio para albergar tantos.
Hai que pagar algo?
Este ano pedímosvos unha achega voluntaria de 1€ por participante para cubrir todos os gastos: alugar lugares, equipos de son, gastos voluntariado… que recolleremos na mesa de inscrición.