Felicidades, D. Francisco!

A Arquidiocese compostelá celebra hoxe luns o segundo aniversario da ordenación de mons. Francisco Prieto como bispo. Foi ordenado o domingo 10 de abril de 2021 nunha Eucaristía celebrada na Catedral de Santiago e presidida polo arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio.

Escolleu como lema do seu ministerio “Sequi Salvatorem participar est salutem” (seguir ao Salvador é participar da salvación). Actualmente é arcebispo electo da Arquidiocese de Santiago. A Santa Sé fixo público o sábado 1 de abril de 2023 o nomeamento de mons. Francisco Prieto Fernández como arcebispo, sendo a toma de posesión o 3 de xuño na Catedral compostelá.