Mons. Julián Barrio e mons. Francisco Prieto, asisten desde o luns, día 17 ao 21 de abril á 121ª Asemblea Plenaria que celebra en Madrid a Conferencia Episcopal Española (CEE).
Información e temas relacionados coas Comisións Episcopais
A Asemblea Plenaria recibirá información, como é habitual, das actividades das distintas Comisións Episcopais.
A Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Mobilidade humana vai presentar á Plenaria o proxecto dos corredores de Hospitalidade que xa puxo en marcha.
Á Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da vida correspóndelle facer balance da Semana do Matrimonio 2023, que se celebrou, por segundo ano consecutivo, arredor do 14 de febreiro, coincidindo con san Valentín.
Pola súa parte, a Subcomisión Episcopal para a Mocidade e a Infancia intervirá para fablar dos preparativos da Xornada Mundial da Mocidade, que terá lugar en Lisboa do 1 ao 6 de agosto de 2023.
Ademais, a Comisión Episcopal para a Liturgia presentará a tradución ao euskera do Misal da Virxe e do Leccionario da Virxe.
Tamén informará sobre distintos temas a Comisión Episcopal para a Evanxelización, Catequese e Catecumenado.
Outros temas da orde do día
Os bispos españois tamén van elixir esta próxima semana os Padres Sinodais que van representar á CEE nla XVI Asemblea Xeral Ordinaria do Sínodo dos Bispos, que terá lugar no Vaticano en outubro de 2023.
Como é habitual na Plenaria de abril, aprobarán as Intencións da Conferencia Episcopal Española para o Apostolado da Oración en España. Ademais, Mons. José María Gil Tamayo presentará o relatorio do novo Proxecto do Comité de Estudos e Proxectos.
Os obispos recibirán información sobre a situación actual da Igrexa Nacional Española de Santiago e Montserrat e sobre o estado actual de Ábside (TRECE y COPE).
A orde do día complétase coa información sobre distintos asuntos de seguimento e temas económicos; ademais do capítulo relacionado coas asociacións nacionais.