Monseñor Barrio participou este sábado nunha nueva edición da Escola de Axentes de Pastoral de Mondoñedo-Ferrol

  • Tamén presidiu na Catedral de Santiago a Misa do Peregrino para a Unidade Pastoral de Betanzos

    O equipo da Vicaría diocesana de Evanxelización da Diocese de Mondoñedo-Ferrol invitou o arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio a participar nunha nova edición da Escola Diocesana de Axentes de Pastoral. Monseñor Barrio falou este sábado sobre O postcovid no ámbito parroquial e espiritual, dado que as sesións de traballo foran convocadas para reflexionar sobre esta cuestión. A carta que fixera pública a Vicaría recordaba que “estes dous últimos anos estiveron marcados por unha pandemia que trastornou os nosos plans e as nosas vidas. O Covid deixou secuelas en todos os ámbitos o económico, sanitario, espiritual, parroquial” Tras estes dous anos xa non volveremos ser os mesmos e é por iso que temos que reflexionar e afondar en como podemos traballar con esta realidade”.

    Na axenda do arcebispo figuraba tamén a Eucaristía que presidiu na tarde do mesmo sábado na Catedral compostelana, con motivo da peregrinación polo Ano Santo Compostelán da Unidade Pastoral de Betanzos. Eran 182 persoas, co seu párroco, Santiago Pérez, á cabeza, e coa presenza da alcaldesa, María Barral.