O Arcebispado de Santiago e a Asociación Raíña firman un convenio de cesión da Casa Reitoral de Curtis

O Arcebispado de Santiago de Compostela e a Asociación Raíña, e tamén no seu nome a empresa de Inserción Primicias Raíña, asinaron, hoxe martes 7 de maio na sala de xuntas da Curia diocesana, un convenio mediante o cal o primeiro fai unha cesión da Casa Reitoral da nosa Señora de Curtis.

Trátase dun inmoble que se cede durante un período de tempo para poder rehabilitala e así dar resposta a unha necesidade urxente, que é a situación na que viven moitas persoas sen teito, persoas en situación difícil, persoas que están acollidas na Asociación neste momento.

Este convenio foi subscrito polo ecónomo diocesano, Fernando Barros, e polo presidente da Asociación Víctor Naveira, quen mostrou o seu agradecemento: “é un modo de dar testemuño, de caridade e tamén un modo de dar utilidade e aos bens patrimoniais cos que conta a Igrexa. Estamos de verdade agradecidos”.