Máis de 209.000 persoas marcaron por primeira vez a casiña da Igrexa na Declaración da Renda

A Conferencia Episcopal Española acaba de presentar os datos da campaña da Renda do ano 2023 que corresponde ao exercicio fiscal de 2022.
Nas cifras provisionais constátase que aumentou en 209.218 o número de declaracións en favor da Igrexa, o que supón un importante respaldo ao labor da Igrexa o que lle vai permitir facer fronte ao aumento das necesidades sociais nun contexto económico difícil. En conxunto, máis de 7,5 millóns de españois marcan a casa da Igrexa.
Neste sentido, o importe total asignado a favor da Igrexa Católica aumenta en 38 millóns de euros, un 11,9% máis que na Renda de 2022, un auténtico mecanismo de comuñón eclesial de recursos que permite manter a acción pastoral en lugares nos que, doutro xeito, sería case imposible.
Más concretamente, na Arquidiocese de Santiago de Compostela máis de 200.000 persoas marcaron a X na Declaración da Renda, das cales 7.000 fixérono por primeira vez no pasado exercicio.
Fernando Barros, ecónomo diocesano “agradece o compromiso de todas as persoas que sosteñen a importante actividade da Igrexa compostelá”. E engade que “grazas a estas achegas é posible aumentar as partidas a nivel Pastoral e asistencial”.
Detrás de todos estes datos están cada unha das persoas que cada ano mostran a súa confianza no labor da Igrexa marcando o X na Declaración da Renda. E a elas está dedicada a campaña de agradecemento que pon hoxe en marcha a oficina de Sostemento da Igrexa co lema, «Grazas escríbese con X».
Pola súa banda, a Oficina de Transparencia da CEE presenta o martes 19 de decembro a Memoria de actividades da Igrexa católica en España 2022, onde dará conta de toda a actividade da Igrexa en España nese ano.