Primeiro encontro de traballo de monseñor Barrio co seu novo bispo auxiliar electo

  • Tras a reunión, o arcebispo foi presentando a Francisco José Prieto Fernández ao persoal da Curia Diocesana

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, recibiu hoxe no Arcebispado compostelán ao novo bispo auxiliar electo, Francisco José Prieto Fernández, co que mantivo un primeiro encontro de traballo tras facerse público o seu nomeamento hai unha semana. Tras a reunión, o arcebispo, monseñor Barrio, foi presentando persoalmente ao seu novo auxiliar ás persoas que traballan nas distintas dependencias da Curia Diocesana.

O arcebispo e a arquidiocese mostraran hai unha semana o seu agradecemento ao papa Francisco polo nomeamento de Francisco José Prieto Fernández e manifestaran a cordial acollida da Igrexa diocesana ao seu novo bispo auxiliar electo. En principio, a súa ordenación episcopal fixouse para o día 10 de abril.