Marta Pedrajas nas Conferencias de Primavera do ITC

No marco da Cátedra de Estudos Europeos Camiño de Santiago da Fundación Pablo VI e o Arcebispado de Santiago de Compostela, hoxe martes 7 de maio, Marta Pedrajas, doutora en Filosofía, licenciada en Economía e profesora asociada da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UPSA, impartiu unha conferencia no ITC no contexto das Conferencias de Primavera: “Trazando un futuro para Europa: A cultura do encontro e os desafíos globais”.

Os valores singulares sobre os que asenta o proxecto europeo levan á UE para tomar a dianteira en materia regulatoria, tanto en ámbito da tecnoloxía e a intelixencia artificial como na abordaxe dos fluxos migratorios, entre outras moitas cuestións. Aínda que a unidade europea ten 70 anos de historia, a orixe deste proxecto afunde as súas raíces nas redes económicas, políticas, culturais e espirituais que se empezaron a crear en relación co camiño de Santiago, a finais do século IX.

A Cátedra de Estudos Europeos do Camiño de Santiago quere poñer en valor, precisamente, a importancia deste roteiro para a vertebración de Europa. E tamén como os valores que encarna poden e deben servir para afrontar os retos aos que se enfronta: a guerra de Ucraína, o desenvolvemento da intelixencia artificial, a inmigración masiva e a polarización política, entre outras.

Asistiron á conferencia, o arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto; o director do ITC, José Antonio Castro Lodeiro; o delegado para o Desenvolvemento Humano e Integal, José Ramón Amor Pan etc.