O Equipo de Catequese diocesano participa nas Xornadas Nacionais de Delegados de Catequese

Desde hoxe ata o día 8 de febreiro de 2024, levará a cabo en Málaga, as Xornadas para delegados e responsables da Catequese e do Catecumenado.

tema central deste encontro será a presentación do novo catecismo de adultos «Buscade ao Señor», publicado pola editorial EDICE o pasado mes de novembro.

A proposta para estes días é ter un maior coñecemento e profundización do novo catecismo para adultos: Buscade ao Señor, xunto á Guía e o Cartafol de celebracións.

A dimensión formativa, xunto coa celebración da fe e o compartir fraterno, farán destas Xornadas unha rica experiencia.

O programa destas xornadas complétase con unha comunicación sobre as celebracións litúrxicas no proceso da iniciación cristiá, e o intercambio de información sobre os proxectos que levan a cabo na Comisión e nas distintas provincias eclesiásticas. Os delegados de catequeses das cinco dioceses galegas estarán presentes nestas Xornadas, que se esperan que sexan moi concorridas.

Este o programa que seguirán nesta Xornada. Fai clik no seguinte link.

Seguímosvos ofrecendo estes materiais formativos para adultos, para que vos acompañedes no seu proceso de fe. Oxalá poidades adquirilos, témolos dispoñibles na Delegación de Catequese en Santiago de Compostela.

Catequistas, acompañemos coa oración os Delegados de Catequeses, xa que a misión que teñen é algo sumamente importante para a Igrexa.