Xornada Diocesana | Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar

A Delegación para o Laicado da Arquidiocese de Santiago de Compostela organiza unha Xornada Diocesana con motivo do «Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar», este ano 2024 co lema «Laicos por vocación, chamados á misión»

Terá lugar o vindeiro sábado 18 de maio no Seminario San Martín Pinario, na Praza da Inmaculada 5 en Santiago.

Dará comenzo ás 11:00 da mañá e rematará ás 19:30 da tarde coa Vixilia de Pentecoste presidida polo noso arcebispo D. Francisco na catedral.

Poderase comer na Hospedería San Martín Pinario (prezo xantar 15 € por persoa)

O programa será o seguinte:

    • 11:00 h. Oración
    • 11:30 h. Ponencia
    • 12:15 h. Descanso-Café
    • 12:45 h. Traballo por grupos
    • 14:00 h. Xantar
    • 16:00 h. Magazine con mesa de experiencias e outras sorpresas
    • 18:15 h. Xesto público en la Praza da Quintana
    • 19:30 h. Vixilia de Pentecoste na Catedral  (presidida polo arcebispo D. Francisco)

Haberá actividades para os nenos de 11:00 ás 14:00 h. e de 16:00 ás 18:00 h.

Podes inscribirte a nivel individual ou en grupo no seguinte enlace.