Don Julián e o seu bispo auxiliar participarán mañá nun encontro da área de Apostolado Segrar

Mañá, venres día 25 de xuño, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, e o seu auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, asistirán ao encontro de responsables e representantes de movementos e asociacións laicais da área de Apostolado Segrar, que se desenvolverá na Casa Diocesana de Exercicios, en Santiago, a partir das seis da tarde.

Ao longo do encontro, tras a oración inicial e a presentación dos asistentes, abordaranse asuntos como o plan de traballo froito do recente Congreso de Laicos, a presenza destes no plano social e na vida pública, así como o deseño de traballo para participar a nivel diocesano no próximo Sínodo que convocou o Papa Francisco.

Como se sabe, en outubro do ano próximo a Iglesia celebrará unha reunión do Sínodo dos bispos co tema “Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión”. O papa Francisco quixo que todos os bispos e as dioceses participen do itinerario sinodal cunha celebración da apertura do Sínodo en cada diocese, prevista para o 17 de outubro.

A fase diocesana do sínodo prevé a escoita a todo o Pobo de Deus, con particular atención aos afastados. Para iso, cada diocese nomeará un responsable diocesano para a consulta sinodal. Ademais, acordouse que o 30 de abril de 2022 sexa a data para a celebración da Asemblea presinodal do Sínodo dos Bispos para a Igrexa en España.

Na nosa Arquidiocese, a Delegación de Apostolado Segrar fórmana Francisco Javier Porro Martínez, como delegado, e Francisco Durán Villa e Alfredo Losada Suárez como subdelegados, quen intervirá mañá na reunión que presidirá o arcebispo compostelán.