O arcebispo asiste en Madrid os días 22 e 23 de xuño á reunión da Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española

A Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española (CEE) celebra a súa próxima reunión os días 22 e 23 de xuño na Casa da Igrexa, en Madrid ( C/ Añastro, 1). Neste encontro estará presente o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio.

Durante estes dous días os bispos traballarán sobre os seguintes temas:

– Liñas de acción pastoral da Conferencia Episcopal para o quinquenio 2021-2025.

– Posta en marcha do Itinerario do próximo Sínodo dos bispos sobre o tema: “Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión”.

– Proxectos de modificación regulamentaria dos organismos da Conferencia Episcopal Española.

– Posta en marcha para a Igrexa en España da obrigación do cumprimento normativo ( Compliance).

– Aprobación das traducións das ladaíñas de san Xosé.

– Información sobre o estado actual de Ábsida (TRECE e COPE).

– Presentación do novo proxecto de Ecclesia: papel e dixital.

A orde do día inclúe tamén a aprobación do calendario de reunións dos órganos da Conferencia Episcopal Española para o ano 2022. Os bispos recibirán información sobre temas económicos e dialogarán sobre diversos asuntos de seguimento e aprobación de acordos, ademais do capítulo de nomeamentos.