O Arcebispado de Santiago e o Concello de A Laracha firman un convenio de cesión da casa reitoral de Montemaiora casa reitoral de

Na mañá deste luns, na sala de xuntas da Curia diocesana tivo lugar a firma dun acordo de cesión da Casa Reitoral da parroquia de Santa María Magdalena de Montemaior ao concello da Laracha por un prazo de vinte e nove  anos.

Os termos do acordo subscrito afectan á casa, dependencias anexas e a leira, que a entidade local comprométese a rehabilitar e destinalas, a albergue, á realización de actividades de tipo rural e agrónomas, así como a dependencias de uso exclusivo da parroquia.

Tanto o Arcebispado de Santiago como o Concello larachés son conscientes da transcendencia que, para a mellora social e cultural de A Laracha, e máis para os fregueses de Montemaior, supón dispoñer de locais para levar a cabo actividades desa índole, acondicionando este espazo como zona de esparexemento e lecer, a fin de desenvolver encontros  de tipo educativo e cultural, ademais da conservar e coidar o patrimonio local.