Mons. Barrio inaugurará o Congreso Xacobeo de Pensamento Multidisciplinar

O Instituto Teolóxico Compostelán acollerá os días 27 e 28 de xaneiro o I Congreso Xacobeo de Pensamento Multidisciplinar. Un encontro no que se abordarán diversas áreas de coñecemento, tales como: a economía, a empresa, o xornalismo, a socioloxía, a política, a medicina, a bioética, o dereito e a ecoloxía; en definitiva, unha reflexión sobre o contexto contemporáneo baixo o prisma dos valores do humanismo cristián.

Este Congreso será inaugurado polo arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, e clausurado polo bispo auxiliar Mons. Francisco Prieto.

Contará tamén coa intervención de profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, o ITC, o Instituto de Familia de Ourense, e a Fundación Paulo VI.