Mons. Julián Barrio asiste á presentación da "Biblia en galego"

Esta semana presentouse no Instituto Teolóxico Compostelán a cuarta edición da Biblia en galego, unha obra supervisada polo deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, gran especialista nas Sacras Escrituras.

Ao acto asistiu o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e Francisco Domínguez Martínez, presidente da editorial SEPT.

Esta obra é froito de anos e anos de traballo, xa que desde 1989, cando foi promovida e editada pola editorial Sept, ata o día de hoxe foise acentuando a súa relevancia en diferentes ámbitos, non só no relixioso, senón tamén no cultural.