Monseñor Barrio presidirá a Eucaristía do Mércores de Cinza na Catedral de Santiago

Este mércores día 22 de febreiro comeza o tempo litúrxico da Coresma. Coa imposición da cinza, a Igrexa inicia os 40 días nos que chama os fieis á conversión e a prepararse verdadeiramente para vivir os misterios da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo na Semana Santa. Monseñor Barrio presidirá a Eucaristía deste Mércores de Cinza na Catedral compostelá ás 19:30 horas.

Nesta xornada inicial da Coresma, a Igrexa bendí e impón na fronte dos fieis a cinza feita das palmas bendicidas no Domingo de Ramos do ano anterior, como un signo e chamada á conversión, ao xaxún, á oración e á esmola. O Mércores de Cinza é un día no que é obrigatorio o xaxún e a abstinencia, tal e como tamén se establece para o Venres Santo, para os maiores de 18 anos e menores de 60. Fóra deses límites é opcional. A abstinencia para comer carne é obrigatoria desde os 14 anos. Todos os venres de Coresma tamén son de abstinencia obrigatoria.