A Igrexa Diocesana mantivo, malia a baixar os ingresos pola pandemia, o seu compromiso coas tarefas pastorais e asistenciais, con 3,6 millóns de euros

  • El arcebispo, monseñor Julián Barrio, presidiu hoxe a reunión do Consello de Asuntos Económicos, na que tamén se aprobou a Memoria de Actividades.
Nun ano marcado pola pandemia do Covid 19, a Igrexa Diocesana de Santiago de Compostela mantivo en 2020 o seu compromiso coas actuacións pastorais e asistenciais, ao dedicar a este capítulo un total de 3,6 millóns de euros, cifra inferior á correspondente ao exercicio de 2019, debido en boa parte á diminución dos ingresos. Pese a esa conxuntura adversa, a execución presupuestaria ascendeu a 18,7 millóns o ano pasado, cando o orzamento modificado en maio de 2020 se estableceu en algo máis de 20 millóns. A liquidación do orzamento de 2020  foi un dos asuntos abordados na reunión que mantiveron hoxe no Arcebispado, coa presenza de monseñor Julián Barrio, os membros do Consello de Asuntos Económicos. Ese compromiso social e pastoral tivo como protagonistas a Cáritas e as distintas parroquias.

En opinión do ecónomo diocesano, Fernando  Barros, trátase “dun resultado bastante positivo, pois trala modificación feita a raíz do Covid 19, practicamente cumprimos ese orzamento axustado: presupostamos 20 millóns e executamos 18,7, con bo control do gasto”.

No informe sobre ejecución presupuestaria ponse de manifesto que as achegas dos fieis nun exercicio marcado polos meses de confinamento e as limitacións de acceso e aforo nos templos, baixaron dos 8,2 millóns en 2019 aos 5,9 millóns en 2020, contía con todo superior aos 3 millóns que se esperaba ingresar. Houbo ademais un descenso nas colectas parroquiais. Todo iso provocou unha necesidade de financiamento de 192.000 euros, cando se prevía, segundo indicou Barros, unha necesidade de financiamento de 6,7 millóns.

Na reunión do Consello de Asuntos Económicos presentouse, tamén, a Memoria Anual da Arquidiocese correspondente ao exercicio do ano pasado. Estiveron presentes na reunión, á que tamén asistiu o bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, o ecónomo, Fernando Barros, Manuel Silva, Patricia Quintáns, María Jesús Rodríguez, Cecilia Sierra, Beatriz Ferreiro, José Carlos de Miguel, Pedro Ceán, María Dores Álvarez, Dores Becerra, Manuel Botana, Crisanto Rial e Manuel Ferreiro.